Solicitud de acceso
O procedemento para o exercicio do dereito de acceso iniciarase coa presentación da correspondente solicitude, que deberá permitir ter constancia da identidade do solicitante, a información que se solicita, o enderezo de contacto a efectos de comunicacións e, no seu caso, a modalidade que prefira para acceder á información solicitada.
En todas as solicitudes deberá incluír o seu nome e dous apelidos, información solicitada e dirección de correo electrónico ou enderezo postal elixida para recibir a contestación.
Se o motivo da súa solicitude é obter información sobre os nosos produtos, sobre un envío concreto ou se desexa formular unha queixa ou reclamación, debe utilizar o formulario da sección “Atención ao Cliente”.
Os datos persoais que nos comunique na solicitude de acceso á información pública serán tratados por Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, S.A., S.M.E (de aquí en adiante, «Correos»), con CIF A-83052407 e domicilio social en C/ Conde de Peñalver, nº 19, 28006 Madrid (España), coa finalidade de xestionar, tramitar e atender a súa solicitude de acceso á información pública. A base xurídica do tratamento é o cumprimento das obrigas legais aplicables a Correos. Adicionalmente, con base no noso interese lexítimo, utilizaremos os datos anonimizados para realizar informes estatísticos sobre as solicitudes de acceso que recibe a través do Portal de Transparencia de Correos. Unha vez atendida a súa solicitude de acceso, ou no momento no que o tratamento dos seus datos deixe de ser preciso para a devandita finalidade, Correos procederá ó seu bloqueo e, posteriormente, eliminará os devanditos datos. Pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ou portabilidade solicitándoo no enderezo postal anteriormente indicado ou no seguinte correo electrónico derechos.protecciondatos.correos@correos.com. Alén disto, informámoslle de que pode interpor unha reclamación ante a AEPD. Tamén pode contactar co Delegado de Protección de Datos (DPD ou DPO) de Correos a través da seguinte dirección de correo electrónico: dpdgrupocorreos@correos.com. Así mesmo, pode consultar toda a información relativa ó tratamento dos seus datos na seguinte lzón