Vai ao contido da páxina

Persoas e
Talento

Correos é unha das principais empresas españolas por número de traballadores, e líder no sector loxístico e de servizos á cidadanía. Para seguir séndoo necesitamos persoas coma ti que nos axuden a afrontar os novos retos e oportunidades.

Convocatorias públicas de emprego

Se queres formar parte de Correos, neste espazo poderás atopar información sobre as convocatorias de bolsas de emprego ou ingreso en curso, así como rexistrarte nos procesos que che interesen.

Por que traballar en correos

En Correos somos máis de 53.000 empregados preocupados por, ademais de ofrecer un servizo de calidade, facer desta empresa un lugar extraordinario para traballar, onde cada un poida desenvolverse e achegar valor á propia compañía. Actualmente estamos a traballar en proxectos que fomentan a creación de contornas inclusivas e diversas, nas que a transformación dixital se converte nun elemento central. Apostamos por contornas de traballo que faciliten a integración das persoas que, apoiadas nas mellores ferramentas de xestión e formación, permitan aos empregados seguir crecendo e construír un plan de desenvolvemento de carreira.

Fomentamos o talento e facilitamos as ferramentas necesarias para facelo crecer.

O que che pode ofrecer Correos

  • Correos é unha empresa diversa por natureza, de aí o seu compromiso con todas as dimensións da inclusión e a diversidade.
  • As actuacións que realizamos de forma transversal para que os empregados poidan desenvolver a súa carreira profesional en contornas de traballo inclusivas.
  • A través do noso plan de diversidade articúlanse a gran maioría das iniciativas ao redor de sete eixos de actuación.

A formación en Correos é unha aposta decidida para contribuír ao desenvolvemento das persoas. Temos un compromiso firme coa formación continua, por iso acompañamos aos nosos empregados con iniciativas que pretenden impulsar ao seu autodesenvolvemento en calquera momento e lugar, a través de diferentes solucións de aprendizaxes innovadoras, con itinerarios de formación e desenvolvemento, e plans de formación individuais.

A nosa metodoloxía combina distintas solucións de aprendizaxe a través dun mix de actividades presenciais, o uso das novas tecnoloxías e a gamificación, (Programa Soy Digital) así como con formación no posto de traballo.

Atoparás a nosa ampla oferta formativa no noso campus on-line, contornas virtuais de aprendizaxe, dispositivos móbiles, webinars, conferencias on-off line…

A formación será a túa aliada para alcanzar as túas metas profesionais.

Na sociedade buscamos deixar pegada colaborando, dende hai 5 anos, co Instituto Nacional de Cualificacións (INCUAL) contribuíndo o desenvolvemento das profesións vinculadas aos principais postos da nosa organización, no marco da loxística e do e-commerce achegando o noso know-how, e confirmando o noso compromiso.

Axudas sociais

En Correos poñemos a disposición do empregado unha serie de beneficios económicos e sociais para contribuír cos gastos derivados de determinados tratamentos médicos e estudos universitarios, así como outras axudas destinadas aos fillos (educación infantil, estudos, e axudas por discapacidade).

Promocións especiais Correos

Se es empregado de Correos podes gozar dunha ampla gama de ofertas e descontos, a través de máis de 400 acordos con diferentes marcas. Consulta no noso portal todas as vantaxes e beneficios que che ofrecemos por ser empregado.

  • O proxecto Empresa Saludable é a aposta estratéxica de Correos que busca mellorar tanto as condicións de traballo como aspectos relacionados co benestar xeral, a través da implicación e participación de todos.

Jóvenes talentos #Comenzar

Correos segue apostando pola formación dos mozos a través da iniciativa Jóvenes Talentos de Correos. Trátase dun programa de prácticas dirixido a estudantes de todas as titulacións de ciclos formativos de grao superior, universitarios e máster.

O noso programa serve de lanzadeira profesional aos estudantes con maior potencial que desexan comezar a súa carreira laboral.

Para máis información sobre este programa ou saber como apuntarse, accede á nosa Comunidade de Talentos.

#Comezar

Procesos internos

Se xa es empregad@ de Correos, neste espazo poderás atopar información sobre as convocatorias en curso, así como rexistrarte nos procesos de provisión e promoción interna que che interesen.

  • Xestiona o teu perfil – Comunidade de Talentos

    Se xa es empregad@ de Correos e queres que te coñezamos para posibles oportunidades de desenvolvemento profesional, no noso espazo Comunidade de Talento, poderás acceder á nosa plataforma, na que poderás ter máis información de Correos así como rexistrarte por primeira vez en eTalent, ou acceder ao teu perfil se xa o tes creado.

    Queremos seguir crecendo contigo!