Vai ao contido da páxina

Política de Cookies

Informámosche do uso das cookies nas nosas páxinas web.

Que son as cookies?

Unha cookie é un arquivo ou dispositivo que se descarga no computador/smartphone/tablet do usuario ao acceder a determinadas páxinas web para almacenar e recuperar información do equipo terminal. Entre outras funcións, permite almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario co fin de mellorar o servizo ofrecido.

Tipo de cookies

Segundo os distintos tipos de clasificación:

1. Segundo quen sexa a entidade que xestione o dominio dende onde se envían as cookies e trate os datos que se obteñan pódense distinguir dous tipos:

Cookies propias: son aquelas que se envían ao teu equipo terminal dende os nosos propios equipos ou dominios.

Cookies de terceiros: son aquelas que se envían ao teu equipo terminal dende un equipo ou dominio doutra entidade colaboradora.

Segundo o prazo de tempo que permanecen almacenadas no navegador do cliente, podendo tratarse de:

Cookies de sesión: aquelas cookies activadas mentres o usuario accede á páxina web ou para a prestación do servizo solicitado.

Cookies persistentes: aquelas cookies almacenadas por un tempo determinado no equipo terminal do usuario, para as que o responsable ten acceso cando o usuario se conecta á súa páxina web.

Segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos:

Cookies técnicas: aquelas cookies necesarias para o uso do sitio web e para a prestación de servizos.

Cookies de personalización: aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario (idioma, tipo de navegador…).

Cookies de análise: aquelas que permiten o seguimento e análise estatístico do comportamento do conxunto dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas.

Cookies publicitarias: aquelas que permiten a xestión dos espazos publicitarios na páxina web, aplicación ou plataforma dende a que se presta o servizo solicitado.

Cookies de publicidade comportamental: aquelas que almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través dos hábitos de navegación do usuario, o que permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade.

Cookies utilizadas no noso sitio web

A continuación identifícanse as cookies que están a ser utilizadas no noso sitio web así como a súa tipoloxía e función:

Cookies de personalización e técnicas estritamente necesarias para a prestación de determinados servizos solicitados expresamente polo usuario: se se desactivan estas cookies, non poderá recibir correctamente os nosos contidos e servizos;

Cookies de análise para o seguimento e análise estatístico do comportamento do conxunto dos usuarios.

Cookies propias Tipo Finalidade
JSESSIONID Sesión Xerada polo servidor de aplicacións cando crea unha sesión de usuario na web.
SS_X_JSESSIONID Sesión Xerada polo servidor de aplicacións cando crea unha sesión de usuario na web.
ASPSESSIONIDQCTCAAAQ Sesión Xerada polo calculador de Tarifas por cacheo de COM+, para cargar combo inicial con produtos.
OV2A Sesión Xerada na web pero é propiedade de Oficina Virtual, para manter a sesión que un usuario abriu previamente na OV. Primeiro fragmento da cookie de convivencia de OV2 con COL.
OV2B Sesión Xerada na web pero é propiedade de Oficina Virtual, para manter a sesión que un usuario abriu previamente na OV. Segundo fragmento da cookie de convivencia de OV2 con COL.
idiomaCorreos Personalización Cookie utilizada para coñecer o idioma de navegación ao saltar de web a aplicacións.
OV2IDIOMA Personalización Cookie que serve a OV2/COL para mostrar as mensaxes no idioma correcto (duración máxima dun ano).
política_cookies Personalización Cookie para a aceptación da política de cookies.

 

Cookies de terceiros Tipo Finalidade
Google Analytics
(__utma, __utmb, __utmc, __utmz)
Análise Saber como navegas pola nosa web co fin de mellorar os servizos que che podemos ofrecer. Esta información é anónima, e só a necesitamos para fins estatísticos.
Máis información aquí
Google Analytics(_utmx) Análise Realización de test A/B para medir a eficiencia de cambios de deseño.
Máis información aquí

A presente Política de cookies poderá ser obxecto de modificacións, polo que se recomenda ao usuario que a consulte cada vez que acceda ao sitio web de Correos.

Como modificar a configuración das cookies

O usuario pode prestar o seu consentimento ao uso de cookies ou revogalo en calquera momento utilizando o seu navegador, polo que pode permitir, restrinxir, bloquear ou borrar as cookies utilizadas dende o noso sitio web.

A forma de facelo será diferente en función do tipo de navegador utilizado durante a navegación. Nas seguintes ligazóns ten á súa disposición toda a información para configurar ou deshabilitar as cookies en cada navegador:

Ademais, tamén o usuario pode xestionar o almacén de cookies do seu navegador e a súa desactivación a través de ferramentas como:

No caso de que o usuario non permita a instalación das cookies estritamente necesarias no seu equipo terminal a través do seu navegador (as identificadas no punto primeiro do apartado anterior), é posible que non poida acceder correctamente aos contidos e servizos da nosa web.

Con todo, se o usuario continúa navegando na nosa web sen cambiar a configuración do seu navegador, entenderase que presta o seu consentimento ao uso das cookies antes enunciadas, e nas condicións contidas na presente Política de cookies.