Vai ao contido da páxina

Política de protección de datos

Acceso ao local e videovixilancia

1. Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?

Os seus datos serán tratados pola sociedade Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, S.A., S.M.E. (no sucesivo, CORREOS), NIF: A83052407 con domicilio social sito en C/ DEL CONDE DE PEÑALVER, Nº19, 28006.

Na nosa páxina web se lle informa sobre o nomeamento de Delegado de Protección de Datos con quen poderá contactar a través da dirección de correo electrónico dpdgrupocorreos@correos.com

2. Con que finalidade tratamos os seus datos e baixo que lexitimación?

O tratamento dos seus datos ten como finalidade (i) controlar o réxime de visitas e acceso ao local, para o que resulta necesario comprobar a súa identidade a través do seu documento identificativo e rexistrar a visita nas nosas aplicacións informáticas, sobre a base de interese lexítimo de CORREOS en garantir a seguridade nas súas instalacións. Así mesmo, (ii) CORREOS tratará as imaxes obtidas mediante os sistemas de videovixilancia co obxectivo de preservar a seguridade das persoas, bens ou instalacións, sobre a base do interese público. (iii) Con carácter adicional ás anteriores finalidades, CORREOS tratará os datos obtidos das cámaras de videovixilancia coa finalidade de control empresarial no exercicio das funcións previstas no artigo 20.3 do Estatuto dos Traballadores e na lexislación de función pública dentro do marco legal e cos límites inherentes ao mesmo sobre a base do interese lexítimo. Esta finalidade inclúe a posibilidade de utilizar as imaxes captadas como proba que evidencia un incumprimento das obrigas laborais ou de servizo ou a comisión de calquera outro acto ilícito, todo isto de conformidade co exposto na normativa vixente en cada momento e co necesario respecto dos dereitos fundamentais.

3. Que tipo de datos tratamos?

Para o desenvolvemento da finalidade de controlar o réxime de visitas e acceso ao local trataranse os datos recollidos no documento de identidade (DNI ou equivalente), así como a identificación do motivo da visita, (no seu caso) a identificación da empresa para a que traballa e a persoa de contacto en CORREOS.

Para o desenvolvemento da finalidade de control tratarase a imaxe das persoas que accedan ou traten de acceder ao local a través das cámaras instaladas a tal efecto.

4. A quen comunicamos os sus datos?

Os datos persoais tratados por CORREOS non serán comunicados a ningún terceiro, salvo ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e/ou ás autoridades xudiciais en caso de que:

– Se cometera un acto que puidera atentar contra a seguridade das persoas, bens ou instalacións e para a súa investigación resulte preciso o tratamento dos seus datos.

– Tal comunicación fose precisa en cumprimento da normativa vixente (P. ex. A requirimento xudicial).

No seu caso valorarase o acceso suficientemente acreditado e motivado dos particulares que soliciten acceder a determinadas imaxes gravadas polas cámaras de videovixilancia aos efectos de poder exercitar determinadas accións xudiciais e/ou contractuais.

5. Por canto tempo conservaremos os seus datos?

Os datos obtidos no control de acceso e mediante os sistemas de videvixilancia conservaranse durante un prazo máximo de 15 días dende a súa obtención. Transcorrido este prazo procederase ao seu borrado, non sendo posible a súa recuperación. Idéntico prazo aplicarase respecto da conservación de datos dos rexistros de acceso.

Non obstante, se o tratamento dos seus datos fose preciso para a investigación dun feito que puidese atentar contra a seguridade das persoas, bens ou instalacións, ou ser constitutivo de incumprimento laboral ou funcionarial, os seus datos serán conservados durante o período de investigación.

6. Cales son os seus dereitos?

A nosa normativa de protección de datos confírelle unha serie de dereitos en relación co tratamento de datos que implican os nosos servizos que podemos resumir nos seguintes:

– Dereito de acceso: Coñecer que tipo de datos estamos tratando e as características do tratamento que estamos levando a cabo.

– Dereito de rectificación: Poder solicitar a modificación dos seus datos por ser estes inexactos ou non veraces.

– Dereito de portabilidade: Poder obter unha copia nun formato interoperable dos datos que estean sendo tratados.

– Dereito á limitación do tratamento nos casos recollidos na Lei.

– Dereito de supresión: Solicitar a supresión dos seus datos cando o tratamento xa non resulte necesario.

– Dereito de oposición e decisións individuais automatizadas

Pode exercitar os seus dereitos, na medida en que resulten de aplicación, a través dalgún das seguintes canles, indicando o dereito a exercitar e acompañando copia do Documento Nacional de Identidade ou documento equivalente ademais de calquera outra documentación que considere oportuna:

  1. a) Dirección Postal: C/ DEL CONDE DE PEÑALVER, Nº19, 28006
  2. b) Correo Electrónico: protecciondatos.correos@correos.com

Na páxina web da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) pode atopar unha serie de modelos que lle axudarán no exercicios dos seus dereitos. Así mesmo, informámoslle de que ten dereito a interpoñer unha reclamación ante a autoridade de control (en España, a AEPD) en caso de que considere vulnerados os seus dereitos.